O que facemos
Para nós, non só se trata de facer pan. Trátase de ofrecer un servizo de calidade, conservar e reimpulsar o compoñente cultural do pan galego, como galegos que somos. Este proxecto tamén consiste en revalorizar un alimento que, por unha mala xestión por parte da industria e das grandes superficies comerciais, perdeu a reputación e valor que para os nosos antecesores tiña.
​
​
Como o facemos? Usamos fariñas de calidade, de cereais moídos en muíños de pedra. Respectamos os tempos de repouso e as fermentacións en bloque que non castigan as masas e fan que estas adquiran sabores e matices do máis exquisitos. O forno fai moito, pero as persoas que están nel traballando, fan máis. Non soamente son as horas que pasamos diante da amasadora, dándolle forma ao pan ou botándoo e sacándoo do forno, tamén son as horas que lle adicamos a cavilar e maquinar como facelo mellor, a preocupación pola satisfacción do cliente, a innovación... Non sabemos ben a onde imos, pero temos moi claro de onde vimos, e sobre todo, que todo o que facemos, facémolo con agarimo.
​
​
Volvamos a valorar o bo pan, o noso pan, o pan da terra