A boroa precisa tres días para a súa elaboración. A fariña de millo ten que ser escaldada con auga fervendo, logo hai que deixar repousar esta mistura, amasar, volver repousar, meter a masa nos moldes, cocela, desmoldala e deixala enfriar para poder cortala. Non hai trucos nin segredos, hai traballo detrás do produto de calidade, xa que neste caso a receita e a elaboración é ben sabida por todos os nosos maiores 👨🏼🦳👩🏻🦳 e ti, fixeches algunha vez boroa ou vichela facer? 🤔
top of page
bottom of page
Comments