Hoxe toca unha REFLEXIÓN: O produto de proximidade. Por qué lle damos tanta importancia? Pensaches algunha vez en cantos avións colleu algunha da comida que compramos no super? Ou cantos camións se moven polas nosas estradas levando produtos que serán envasados noutros puntos do estado para logo volver e ser aquí consumidos. A veces temos que pararnos e pensar que e o máis intelixente e sostibel para a nosa sociedade, na economía local, no medioambiente e no valor do propio. Ninguén escolle por nós o que mercamos, é decisión propia, cando estamos fronte ao produto, entendemento, decatarse e decantarse por produtos que lle dan de comer ao noso pobo, nunca mellor dito. Para mostra, un botón: o mexillón
top of page
bottom of page
Comments